A ÁREA SANIITARIA DE SANTIAGO E BARBANZA RENOVA POR COMPLETO A FLOTA DE AMBULANCIAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
18 10 2021

Santiago, 18  de outubro 2021.-   A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza renova a totalidade do seu servizo de trasporte sanitario. A Unión Temporal de Empresas TSNUX Santiago e Barbanza, empresa adxudicataria ata o ano 2024, será a encargada de darlle cobertura ao transporte sanitario tanto do Complexo Hospitalario de Santiago, do Hospital do Barbanza e dos centros de saúde como de trasladar aos pacientes autorizados polo Servizo Galego de Saúde a outros centros da rede pública e concertados. A adxudicación deste servizo fíxose por máis de 27 millóns de euros.

 

 
Esta mañá, o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores achegouse ao Hospital Clínico de Santiago para coñecer de preto parte desta nova flota, acompañando á xerente da área Sanitaria, Eloína Núñez, á directora de Recursos Económicos, María José López Rebollo e ao director do distrito sanitario de Barbanza, Salvador Mariño, na recepción das mesmas. No encontro, Eloína Núñez destacou o compromiso da área sanitaria pola mellora deste servizo e ademais da aposta tecnolóxica subliñou a creación da figura do coordinador de transporte sanitario no centro sanitario, “para que o tempo de atención sexa o menor posible e coa maior confortabilidade para os doentes”. Pola súa banda, o xerente do Servizo Galego de Saúde lembrou que “Galicia sempre foi punteira no transporte sanitario, tanto urxente coma non urxente e a aposta da administración está clarísima” pola mellor tecnoloxía en seguridade activa e pasiva.
 
En total son 45 as ambulancias que se acaban de renovar, a totalidade das dispoñibles, e que melloran a confortabilidade e seguridade dos pacientes e profesionais:  6 ambulancias A1, non asistenciais ou convencionais, destinadas ao transporte de pacientes en padiola;  36 ambulancias A2 non asistenciais ou transporte colectivo, acondicionadas para o transporte conxunto de persoas enfermas cuxo traslado non revista carácter de urxencia, nin padezan enfermidades infecto-contaxiosas; 2 Ambulancias asistenciais de clase C,  ou de soporte vital avanzado.
Este parque móbil é o encargado dos traslados programados de enfermos ambulatorios aos centros sanitarios, pertencentes tanto á rede publica do servizo galego de Saúde como a centros concertados co mesmo; de pacientes que precisan recibir asistencia sanitaria de forma programada, xa sexa para consulta, tratamento, curas ou realización de probas e, tralo remate do mesmo o retorno ao seu lugar de residencia, sempre que exista unha imposibilidade física ou outras causas médicas que impidan ou incapaciten para a utilización de transporte ordinario. Tamén se encarga dos traslados non programados, por ingreso hospitalario, tras a alta hospitalaria e dos traslados interhospitalarios.

 

Os servizos máis demandados nos últimos meses foron, con respecto ao transporte programado, a diálise cunha porcentaxe do 63,52% e rehabilitación un 16,66%. Sobre o transporte hospitalario, un 33,6% foi requirido por traslado tras a alta médica e o 29,80% tras as urxencias.    Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss