A REVISTA NEW MEDICAL ECONOMICS DISTINGUE A GALICIA COMO A COMUNIDADE AUTÓNOMA CON ACTIVIDADE SANITARIA MÁIS INNOVADORA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
23 10 2021

 

New Medical Economics, revista especializada no sector sanitario, vén de distinguir a Galicia como a Comunidade Autónoma con actividade sanitaria máis innovadora, logo de reconto de votos dos lectores e do Consello Editorial.

Galicia destacou este ano no uso das tecnoloxías da información aplicadas a todo o proceso de vixilancia, vacinación e atención sanitaria á covid, na implantación de procesos de teleasistencia e abrindo novas canles de atención sanitaria á cidadanía a través da app SergasMobil (videoconferencia, tarxeta sanitaria virtual ou o acceso aos certificados europeos de vacinación).
 
Ademais, a inclusión da cirurxía avanzada robótica nas sete áreas sanitarias supuxo, tamén, un salto cualitativo. Ao mesmo, o Sergas foi o primeiro servizo publico sanitario de España en poñer a disposición dos pacientes a tecnologia HIFU para o tratamento dos tremores xerados por diferentes patoloxías, como é o caso do parkinson. Xunto ao anterior, o departamento sanitario galego seguiu apostando polos procesos de compra pública innovadora para mellorar os servizos asistenciais.
 
Sinalar que New Medical Economics outorga os seus premios a investigadores, compañías e administracións que contribúan, de forma significativa, ao desenvolvemento da Biomedicina e as Ciencias da Saúde en España, e que manteñan unha actividade investigadora, innovadora, de xestión e de atención ao paciente.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss