O 061 DE GALICIA ASISTIU A 129 PERSOAS POR 92 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A PONTE DE TODOS OS SANTOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
02 11 2021

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a ponte de Todos Os Santos 129 persoas debido a 92 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 29 de outubro, ata as 23,59 horas do luns, 1 de novembro. O sábado foi o día no que se rexistraron máis sinistros, con 30 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 115 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 92 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 129 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 63% e do 37% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 36% dos atendidos tiña entre 15 e 29 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 38 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
36
Lugo
8
Ourense
10
Pontevedra
38
Galicia
92

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 112. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 12 accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 94 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

En 107 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 21 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss