As Urxencias Pediátricas do Hospital
Universitario de Ourense duplican desde hoxe o seu espazo co
seu traslado a unha área axunta, que
ven de ser adaptada para esta actividade, mellorando a súa funcionalidade e posibilitando diversificar os circuitos de atención e acceso coa ampliación de
consultas e boxes.
Nas súas novas instalación,
mais próximas á entrada de urxencias e aos servizos centrais como radioloxía, o
Servizo de Pediatría amplía de tres a seis as súas consultas de urxencias,
dispoñendo de boxes específicos para a atención de críticos, para urxencias
cirúrxicas ou traumatolóxicas, así coma unha área de observación integrado, para valoración de ingreso ou alta, ademáis dun novo espazo de recepción/triaxe.
Os novos espazos acolleron no
seu día o Servizo Urxencias, con
amplas salas de espera e consultas, pero foi preciso levar a cabo obras para instalar novos circuitos de gases medicinais, eléctricos, de voz e datos,
fontanería, luces de emerxencia, sistemas detección de incendios e novas luminarias led, ademais de pequenas reformas nas consultas. e traballos de pintura e pulido do
chan.
As novas consultas
equipáronse tamén con novo mobiliario e, para a adaptación aos seus novos pacientes,
humanizáronse os seus espazos coa imaxe gráfica dos “Bolechas” que decoran
distintas paredes, grazas a súa contribución desinteresada.
O traslado culminouse onte
pola tarde sen incidencias, grazas á colaboración do persoal sanitario e a coordinación dos servizos de mantemento, electromedicina, sistemas da
información, loxística e celadores, sen interrumpir en ningún momento un servizo indispensable
e operativo ás 24 horas os 365 días do ano.
Uso responsable das urxencias
O xefe de servizo de pediatría, Santiago Fernández Cebrián,
valora moi positivamente as novas instalacións, que chegan nun periodo no que
crece a actividade urxente pediátrica, derivada da incidencia, nesta época do
ano, dos virus estacionais, e agora tamén da Covid. “A poboación de Ourense foi
excepcionalmente responsable durante os periodos mais intensos da pandemia”
refire Cebrian, que subliña a intensa reducción de urxencias durante o
confinamento.
Así, o xefe do Servizo de Pediatría da Área Sanitaria de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras, confía que esta responsabilidade se manteña ao
longo deste ano, facendo un bo uso das urxencias pediátricas, sobre todo tendo
en conta “o altísimo nivel e profesionalidade da pediatría de Atención Primaria
na nosa provincia”, subliña, lembrando que o Centro de Saúde é e debe continuar
sendo o primeiro nivel de atención e a porta de acceso dos nenos e nenas aos
sistema sanitario público.