A ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO E BARBANZA CONSTITÚE DOUS COMITÉS PARA A TERAPIA CAR-T
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
04 11 2021

Santiago, 4 de novembro de 2021.- “Hoxe é un día importante” para os doentes onco-hematolóxicos subliña Juan Carlos Vallejo o xefe do Servizo de Hematoloxía da Área Sanitaria de Santiago de Compostela, xa que esta mañá constituíronse senllos comités para poder ofrecer as terapias CART-T con todas os estándares de calidade e multidisciplinariedade necesarios.

Así, esta mañá conformouse o Comité clínico-patolóxico CAR-T, cuxa presidenta é Dolores Vilariño, hematóloga e o anatomopatólogo Máximo Fraga como secretario. Mentres que a Unidade multidisciplinar post-terapia CAR-T, estará presidida polo hematólogo Juan Carlos Vallejo e a neuróloga Purificación Cacabelos exercendo como secretaria.

 
Cada comité está composto por unha vintena de profesionais, facultativos e de enfermería, de 9 servizos diferentes así como membros da dirección asistencial da xerencia, de calidade, da Fidis e de Galaria.
O CAR-T é unha terapia “moi recente e cun futuro enorme para o tratamento de procesos  hemato-oncolóxicos como os linfomas ou certos tipos de leucemia, ou mesmo no futuro para outro tipo de tumores malignos e para entidades non malignas” destaca o doutor Vallejo, e engade “a terapia CAR-T é unha ferramenta médica que marca un antes e un despois na medicina” xa que con este tipo de terapias “empregamos células en vez de fármacos para combater estas entidades, que doutro xeito teñen un prognóstico escuro”.
 
 

 

Saúdos,

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss