O SERGAS FINALISTA DOS PREMIOS EUROPEOS DE INNOVACIÓN POLO PROXECTO DE ADOPCIÓN DE PRÁCTICAS INNOVADORAS PARA UN ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 11 2021
 

 O Servizo Galego de Saúde, a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS),  vén de ser seleccionado como finalista dos Premios europeos de adquisicións en innovación (EUIPA 2021), polo proxecto “INNO-AHA (Innovation Active and healthy Ageing)”.

 O proxecto do Sergas, recolle a aposta do sistema sanitario galego pola búsqueda de novas solucións vencelladas á compra pública innovadora para un envellecemento activo e saudable.
 

A comisaria de Innovación, Investigación, Cultura, Educación e Xuventude na Comisión Von der Leyen, Mariya Gabriel, anunciou as candidaturas seleccionadas para as finais destes premios europeos, nas súas tres categorías. Nomeadamente, o Sergas competirá polo premio na categoría de Estratexias de adquisicións de innovación, co Centro Nacional de Investigación e Desenvolvemento de Polonia.

A comisaria europea apuntou que “os candidatos finalistas demostraron o poder da contratación de innovación para modernizar o sector público, abrir novas oportunidades económicas para as empresas, crear postos de traballo e abordar as necesidades máis urxentes da nosa sociedade” Así, Gabriel salientou que “as súas estratexias a longo prazo, as súas accións e os seus esforzos persoais inspirarán a outros a seguilos”.

Os gañadores dos Premios Europeos de Adquisición de Innovación deste ano faranse públicos na primeira edición do Cume do Consello Europeo de Innovación, que se celebrará o próximo 25 de novembro.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss