O XERENTE DO SERGAS REÚNESE CON ASOCIACIÓNS DE PACIENTES E FAMILIARES DE PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL PARA INFORMARLLES DO PLAN DE CALIDADE PREVISTO PARA O HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
09 11 2021
 

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, acompañado da xefa de servizo de Saúde Mental do Sergas, María Tajes Alonso, e da directora de procesos da área sanitaria de Santiago, Fernanda López Crecente, reuníronse hoxe cos representantes de asociacións de pacientes e familiares de persoas con enfermidade mental e discapacidade intelectual, para informarlles do contido das recomendacións formuladas pola institución Defensor del Pueblo para o Hospital Psiquiátrico de Conxo, e das accións previstas pola administración sanitaria galega para este centro, entre as que se atopa un plan de calidade.
 
Na reunión, os representantes do Sergas recolleron suxestións e adquiriron o compromiso de dar continuidade a estas reunións para introducir a perspectiva e necesidades dos pacientes neste plan.
 
Informouse, así mesmo, da evolución do programa sociosanitario recentemente instaurado, para o que se contratou un psiquiatra e persoal de enfermería, o cal foi percibido como necesario e adecuado polas asociacións presentes.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss