PROFESIONAIS DA ÁREA SANITARIA DE FERROL MANTEÑEN UN INCREMENTO CONSTANTE NAS SÚAS TELECONSULTAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
13 11 2021
​Os profesionais da Área Sanitaria de Ferrol levan anos incrementando a actividade de teleconsulta entre eles nas distintas especialidades. Así, no que vai de ano 2021, ata outubro, realizaron un total de 22.920 consultas a distancia. No ano inmediatamente anterior, facíanse un total de 20.331 consultas no ano completo.
 

2016 11.624
2017 14.244
2018 17.690
2019 19.289
2020 20.331
2021 (ata outubro) 22.920
 

No marco da Medicina a distancia ou Telemedicina, a Teleconsulta supón que os especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria nos centros de saúde pódense pór en contacto con profesionais de especialidades concretas no ámbito hospitalario para facilitar unha consulta específica sobre un paciente nesa correspondente especialidade. Esa consulta prodúcese dun xeito estandarizado e protocolizado.
 
Esta relación de continuidade asistencial entre o centro de saúde e o Complexo ten sido un dos grandes beneficios para ó paciente nos últimos anos, xa que se establece unha dinámica que criba aqueles casos nos que existe unha dúbida de necesidade de atención hospitalaria, cando antes era preciso desprazarse cunha consulta ó centro hospitalario. Permite acoutar se é é necesario que o paciente acuda ó Complexo, ou ben se lle pode ofrecer unha solución xa no seu ámbito máis achegado, e amosouse de especial utilidade  neste ano de pandemia.
 
Os e as profesionais valoran conxuntamente o mellor circuíto e opción para o paciente. Esta posibilidade supón unha racionalización da actividade asistencial posto que ó paciente se lle evita unha posible nova visita futura ó centro hospitalario. Pola súa banda, os profesionais nos centros de saúde poden valorar cuestións respecto ó paciente antes da posible derivación ó ámbito hospitalario.
 
As especialidades de Dermatoloxía, Cardioloxía, Endocrinoloxía, Dixestivo e Oftalmoloxía   son nas que se producen o maior número de teleconsultas, e aglutinan o 78% das mesmas.

 

TELECONSULTAS RESPOSTADAS ATA OUTUBRO DE  2021 E ANO ANTERIOR COMPLETO
 
ESPECIALIDADE
Ano 2020
ANO 2021 (ata outubro)
DERMATOLOXÍA
3.797
4.051
CARDIOLOXÍA
2.121
3.546
ENDOCRINOLOXÍA
3.291
3.329
DIXESTIVO
3.231
3.145
OFTALMOLOXÍA
2.579
2.778
PSIQUIATRÍA
691
1.099
MEDICINA INTERNA
811
961
NEUROLOXÍA
522
632
NEFROLOXÍA
545
610
REUMATOLOXÍA
464
541
RADIOLOXÍA
868
494
PNEUMOLOXÍA
318
424
OUTRAS
1.093
1.310
TOTAIS
20.331
22.920
 
Nun principio, desenvolvíase a teleconsulta no ámbito da Oftalmoloxía, primeira en facelo, dende o 2009; en Nefroloxía, no ano 2010; e en Dermatoloxía, que se unía no ano 2013. A incorporación progresiva nestes anos de novos retinógrafos e dermatoscopios ós centros de saúde potenciou considerablemente este ámbito.
 
Ademais, o beneficio que supuxo tanto para o profesional como para o paciente fixo que se foran incorporando novas especialidades, pasando de 1 no 2009 a 22 doce anos máis tarde, e incrementando considerablemente o número de teleconsultas, tal e como reflicte a primeira das táboas. Estas cifras son só posibles grazas ó traballo e á coordinación entre os e as profesionais dos distintos ámbitos da Área Sanitaria de Ferrol.
 
Saúdos de Comunicación da ÁREA SANITARIA DE FERROL do SERGAS.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss