GALICIA É A SEGUNDA COMUNIDADE AUTÓNOMA CON MELLORES DATOS DE LISTAS DE AGARDA PARA CIRURXÍAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
17 11 2021
 
O Servizo Galego de Saúde vén de  posicionar á Galicia como a segunda comunidade autónoma  con mellores datos de lista de agarda para acceder a unha intervención cirúrxica en todo o sistema sanitario español, só por detrás do País Vasco.
 
Segundo o último informe emitido polo Sistema de Información sobre Listas de Espera do Sistema Nacional de Saúde, durante o primeiro semestre do ano 2021, a comunidade galega contou cunha media de 70 días de agarda para operarse, situándose 51 días por debaixo da media nacional.
 
Neste senso, e atendendo á porcentaxe de pacientes que agardan máis de seis meses  para unha intervención, Galicia tamén é o segundo territorio nacional cos mellores datos, co 5,5% dos pacientes, novamente só por detrás do País Vasco (4%). Neste ámbito, a media nacional ascende até o 18,95% dos casos.
 
Prazos de agarda para consultas
No que atinxe aos prazos de espera para as consultas de enfermidade, o tempo medio en Galicia é de 43 días. Unha cifra por debaixo da media de espera do Sistema Nacional de Saúde, que se situou en 75 días en xuño de 2021. Isto supón que os galegos esperan unha media de 32 días menos que o conxunto de cidadáns do Sistema Nacional de Saúde.
 
Sinalar, así mesmo, que a porcentaxe de pacientes que teñen que agardar máis de 60 días para unha consulta é do 23% en Galicia, fronte ao 38,2% do SNS.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss