SANIDADE PARTICIPA NUN PROXECTO DE CREACIÓN DUNHA REDE FEDERADA EN INTELIXENCIA ARTIFICIAL PARA ACELERAR A INVESTIGACIÓN SANITARIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
19 11 2021
 

A Consellería de Sanidade, a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, participa no proxecto TARTAGLIA de creación dunha rede federada de intelixencia artificial para acelerar a investigación sanitaria. O proxecto enmárcase en dentro do Programa Misións de I+D en Intelixencia Artificial, da Axenda España Dixital 2025 e da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.

O obxectivo principal de TARTAGLIA, que conta cun orzamento total de máis de 7,5 millóns de euros, é facilitar e fomentar a investigación clínica e sanitaria. Os datos clínicos das persoas son dos máis críticos e sensibles e o seu uso para a creación de modelos de Intelixencia Artificial está moi limitado polas restricións  regulatorias, administrativas, de seguridade e privacidade. Existen outros sectores que se beneficiarán da tecnoloxía (banca, turismo, servizos, transporte, etc.), pero o maior impacto social e económico é no sector saúde.
 
A aplicación desta tecnoloxía nunha contorna relevante permitirá posicionar a tecnoloxía máis preto do seu obxectivo final, que é a comercialización. O proxecto conta coa participación de varias organizacións nacionais de saúde, entre elas axencias e institutos asociados a hospitais, así como os servizos autonómicos de saúde de Galicia, Canarias e A Rioxa. As 15 entidades que conforman o proxecto son:
 
-GMV Solucións Globais Internet, S.A.U.
-Accexible Impacto SL
-Barcelona  Supercomputing  Center Centro Nacional de Supercomputación
-Dasel SL
-Fundació ACE,  Institut  Català de  Neurociències  Aplicades
-Fundación para o Fomento da Investigación Sanitaria e Biomédica da  Comunitat Valenciana
-Fundación Canaria Instituto de Investigación Sanitaria de Canarias
-Fundación para a investigación do Hospital Universitario e Politécnico A Fe - Comunidade Valenciana
-Entrepreneur Capital SL
-Pixelabs SL
-Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS)
-Universidade Complutense de Madrid
-PricewaterhouseCoopers Asesores de Negocios SL
-Fundació Hospital  Universitari  Vall D’ Hebron  Institut de  Recera
-Veratech  for  Health, SL.
 
Programa Misións de I+D en Intelixencia Artificial, no marco da Axenda España Dixital 2025 e da Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial
A iniciativa Misións de I+D en Intelixencia Artificial 2021 forma parte da axenda España Dixital 2025, da Estratexia Nacional de Intelixencia Dixital, e está recollida na Reforma 1 do Compoñente 16 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O programa está xestionado pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial.
 
Os cinco sectores estratéxicos nos que deben enmarcarse os proxectos para formar parte do programa e recibir o financiamento son agricultura, saúde, medio ambiente, emprego e enerxía do século XXI. Respecto á saúde, búscase a creación dun sistema intelixente de análise de datos que permitan anticipar e actuar de maneira temperá e ultra rápida ante as principais enfermidades físicas e psicolóxicas en 2050, no contexto da descentralización do sistema de saúde e o envellecemento.
 

A través do programa Misións de I+D en Intelixencia Artificial, fináncianse proxectos que se presenten na modalidade de cooperación, é dicir, deberán formar parte do consorcio polo menos, unha gran empresa, un organismo de investigación e difusión de coñecemento e cinco pemes. As axudas destinaranse a proxectos tanto de baixa madurez tecnolóxica (coñecidos como de investigación industrial) como de madurez tecnolóxica media (de desenvolvemento experimental). Os proxectos teñen unha duración máxima ata o 31 de decembro de 2024.

Entre os criterios de valoración do programa, faise fincapé no impacto de cada proxecto atendendo a factores como a redución da brecha de xénero no ámbito da IA, a vertebración territorial do país, a participación das pemes como entidades finais que participen nos casos de uso, a transición ecolóxica, a difusión de resultados e coñecementos ou o emprego xerado.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss