O CONSELLEIRO DE SANIDADE DESTACA A ALTA CUALIFICACIÓN E PREPARACIÓN DOS TÉCNICOS SUPERIORES SANITARIOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 11 2021

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou hoxe, no acto de inauguración da Xornada Profesional “Retos de Futuro”, que organiza a Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia (ATESSGA), a alta cualificación e preparación destes profesionais, remarcando que Galicia é unha das comunidades líderes a nivel nacional neste tipo de formación e aos que agradeceu “o traballo que realizan cada día e o seu compromiso coa sanidade galega”.

Tal e como subliñou o conselleiro, baixo a denominación de Técnicos Superiores Sanitarios englóbase un conxunto de profesións moi diversas, “pero todos imprescindibles para o noso sistema de saúde”.

O titular da carteira sanitaria resaltou o seu labor en áreas como a de laboratorio, imaxe médica, radioterapia, nutrición ou hixiene dental, así como tamén en áreas asistenciais indirectas, como é a documentación clínica, “amosándoo durante todos os meses da pandemia, e sendo vitais no control da enfermidade á vez que non descoidaban o seu traballo diario”.

Así, na área de imaxe médica, anualmente están a facer estes profesionais máis dun millón de radiografías, 300.000 TACs e 110.000 resonancias magnéticas, e na área de radioterapia trataron, no último ano, máis de 32.000 pacientes. Así mesmo, os hixienistas de atención primaria fixeron máis de 100.000 intervencións e os dietistas controlaron a máis de 200.000 pacientes ingresados.

Na súa intervención, o titular da carteira sanitaria incidiu na aposta da Xunta de Galicia pola estabilidade laboral do seu cadro de persoal, a través de convocatorias regulares de procesos selectivos. Tamén dixo que para o desempeño do traballo destes profesionais que hoxe reúnense nesta xornada, o Sergas realiza “importantes adquisicións en equipamento”.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss