A AXENCIA GALEGA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ENVIARÁ UNHA MENSAXE DE AGRADECEMENTO A TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPEN NAS SÚAS CAMPAÑAS DE DOAZÓN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
26 11 2021

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) trasladará o seu agradecemento mediante o envío dun SMS a todas as persoas que de forma voluntaria e altruísta participen nas campañas de doazón que desenvolve para poder abastecer dos distintos compoñentes sanguíneos os hospitais galegos.
 
O agradecemento á xenerosidade da poboación farase efectivo unha vez que a súa doazón sexa utilizada para tratar a un paciente do Servizo Galego de Saúde. Con esta iniciativa, ADOS pon en valor a solidariedade amosada por todos doantes da comunidade, grazas aos que miles de pacientes galegos poden ser sometidos ás diferentes intervencións cirúrxicas, e coas que se pode transfundir plaquetas a un gran número de enfermos oncolóxicos.
 
A importancia de doar
A Axencia Galega de Sangue Órganos e Tecidos lembra que tanto a vindeira ponte festiva do mes de decembro, como as próximas vacacións de Nadal, requiren dun esforzo extra por parte da cidadanía á hora de doar, pois é posible que descenda o número de doazóns rexistradas, unha situación que non acontece na demanda de compoñentes sanguíneos que trasladan os centros hospitalarios.
 
Neste senso, cómpre subliñar que durante todos os días do ano Galicia precisa entre 400 e 500 doazóns de sangue para garantir que os nosos hospitais teñan en todo momento os compoñentes sanguíneos necesarios para o seu labor asistencial polo que ,desde ADOS, convídase a todos os galegos e galegas a doar nestas datas.
 
Así mesmo, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue pon  a disposición de toda a cidadanía a súa web http://ados.sergas.gal; o enderezo de correo electrónico, doadoressangue.ados@sergas.gal; o teléfono de información gratuíto 900 100 828, no que a cidadanía pode, se así o d
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss