DOBRE RECOÑECEMENTO PARA A XINECOLOXÍA DA ÁREA SANITARIA DE FERROL NO ENCONTRO DA SOCIEDADE GALEGA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
30 11 2021

​Dous traballos de profesionais do Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do Complexo Hospitalario de Ferrol foron premiados no encontro da Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía, que se celebraba esta pasada fin de semana en A Coruña. Foi o premio á mellor comunicación oral coa investigación sobre a Maduración cervical con Protaglandinas. A nosa experiencia comparada Dinoprostona frente a Misoprostol; e o galardón á mellor comunicación tipo póster polo estudo: Cribado prenatal de Cromosomopatías. Control de calidade en 3.392 embarazos.

 
A investigación da comunicación oral tiña por obxectivo comparar a eficacia de dous medicamentos (prostaglandinas) que se empregan para a indución ó parto. Lembrar que a indución realízase cunha serie de características concretas do embarazo, maioritariamente por superar a 41 semana de xestación. Empréganse para esa indución diferentes opcións clínicas (Dinoprostona e Misotropol); e o que realizaron os profesionais do Servizo neste traballo premiado foi un estudo retrospectivo de partos que se produciron entre os anos 2018 e 2020 empregando algunha desas dúas opcións, un total de 508.

 
Realizouse unha análise comparativa das mesmas variables en ámbalas dúas opcións farmacolóxicas, como, por exemplo, indicacións de maduración cervical, porcentaxe de inicio de traballo de parto, tempo ata o inicio de traballo de parto de xeito global, vía de parto ou resultados perinatais, entre outros. Cos datos do estudo, concluíron que ámbalas dúas prostaglandinas conseguen unha taxa de inicio de parto semellante. E isto avala o feito de continuar co emprego de ámbalas dúas segundo as características clínicas da persoa.

 
Un paso máis cromosomopatías, control da Calidade
O galardón á comunicación tipo póster premia o control de calidade que se realiza no cribado prenatal de Cromosomopatías. En Galicia, no entorno da semana doce de embarazo, realízase un cribado para detectar a predisposición de que se produza unha cromosomopatía no feto. De inicio, estúdase o risco en base á análise dunha combinación de parámetros clínicos, ecográficos e bioquímicos, e, segundo eses resultados, establécense os pasos a seguir na súa abordaxe.

 

O obxectivo principal deste estudo foi analizar os resultados obtidos neste cribado dende o 1 de xaneiro de 2017 a 31 de decembro de 2020, revisándose o proceder en cada un dos 3.392 embarazos para comprobar, como un control de calidade extra, se se realizara todo dentro dos parámetros axeitados e revisando as posibles desviacións. O resultado é a incorporación e matizacións de axustes en parámetros que melloran aínda máis este cribado.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss