GALICIA NECESITA INCREMENTAR AS SÚAS RESERVAS DE SANGUE DOS GRUPOS CERO NEGATIVO E CERO POSITIVO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 12 2021
 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), convida a toda a cidadanía a doar sangue nas xornadas da primeira ponte festiva do mes de decembro, en especial ás persoas dos grupos cero negativo e cero positivo.

A vindeira ponte festiva, así como as próximas festas do Nadal, requiren dun esforzo na participación dos cidadáns, pois pode descender o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios. Por tanto, precisamos da xenerosidade e colaboración de todos e todas para conseguir entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue que garantan os compoñentes sanguíneos necesarios para que os hospitais galegos desenvolvan o seu labor asistencial.
 
Doar é moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas.
 
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, nestes días,  máis de 40 concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
 
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
 
 
 
DATA
CONCELLOS
Venres 3
de decembro
ESENGRA (Ferrol), Carballo, Praza Conchiñas (A Coruña), Ribeira, Bembibre (Val do Dubra) ,Lalín, Centro Comercial Travesía de Vigo, Porriño, Burela,O Posio (Ourense), Verín
Sábado 4
de decembro
Narón, Xubia (Narón), Carballo, Ribeira, Lalín, Centro Comercial Travesía de Vigo, Mondoñedo
Martes 7
de decembro
Praza de España (Ferrol), Cantón Obelisco (A Coruña), Área Central Fontiñas (Santiago), A Gaiteira/Os Castros (A Coruña), Praza Roxa (Santiago), A Ferrería (Pontevedra), García Barbón (Vigo), Rúa Barcelona (Vigo), Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense

 

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

   

CENTRO
HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
Luns das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 8.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO
Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE
Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas
Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
 
 

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.  

ADOS Lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono arriba citado.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss