A XUNTA DE GALICIA SUPERA OS 2’6 MILLÓNS DE CERTIFICADOS COVID EMITIDOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
11 12 2021

 
A Xunta de Galicia emitíu un total de 2.650.698 certificados covid. Deles, 2.555.188 foron certificados de vacinación, 63.592 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 31.918 certificados de ter superado a enfermidade.
 
Ademais, e tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde. Até o día de hoxe, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 66.862 persoas, que permitiron localizar a 842 persoas con resultado positivo.
 
Así mesmo, a Xunta de Galicia, en colaboración coas áreas sanitarias, estivo a realizar tests de antíxenos de xeito gratuíto nos puntos situados nos diferentes distritos sanitarios. Unha vez que se pecharon estes puntos, o balance final indica que se realizaron tests a un total de 27.816 persoas, o que permitiu detectar 311 casos positivos.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde