O 061 DE GALICIA ASISTIU 61 PERSOAS POR 42 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
13 12 2021
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 61 persoas debido a 42 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 10 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 12 de decembro. O sábado foi o día no que se rexistraron máis sinistros, con 17 accidentes de tráfico.
 
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 54 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 42 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 61 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54% e do 46% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 36% dos atendidos tiña entre 15 e 29 anos.
 
Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 23 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
Accidentes
A Coruña
23
Lugo
3
Ourense
4
Pontevedra
12
Galicia
42
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 55. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en oito accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 43 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes.
 
En 51 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde