O SERGAS PUBLICA AS PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DE ACTUALIZACIÓN DE LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE ENFERMEIRO, ENFERMEIRO DO 061 E TÉCNICO EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
15 12 2021

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación provisional de admitidos/excluidos coa orde de prelación e a puntuación provisional obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de enfermeiro, enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e técnico en coidados auxiliares de enfermería.

Xeráronse un total de 25.585 inscricións. Só resultan excluídas do proceso o 0,87% das solicitudes de participación. A categoría co maior número de solicitudes é a de técnico en coidados auxiliares de enfermería, con 12.798 inscricións, seguida de enfermeiro, con 11.814 e enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cun total de 973 solicitudes.
 
As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
 
Con esta publicación, dáse cumprimento ao disposto no apartado I, primeiro, 5) do Plan de continxencia en materia de recursos humanos (covid-19), pactado na Mesa Sectorial de negociación do persoal estatutario e publicado por Orde da Consellería de Sanidade do 27 de novembro de 2020, no que se prevé a anticipación da publicación dos resultados do proceso de actualización de listas de selección temporal das distintas categorías, priorizando as deficitarias.
 
Próximas publicacións
Proximamente publicaranse as listas provisionais da categoría de facultativo de área nas súas distintas especialidades e de médico de hospitalización a domicilio.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde