​SANIDADE LEMBRA A OBRIGATORIEDADE DE INSCRIBIRSE NO REXISTRO DE VIAXEIROS ÁS PERSOAS QUE VISITEN GALICIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 12 2021
 
A consellería de Sanidade lembra que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia e que estiveran dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica alta, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de se presentan síntomas ou non.
 
A Xunta de Galicia ten como prioridade garantir a sáude da poboación galegas e, para elo, acadar unha detección e diagnose precoz de calquera infección por coronavirus, contribúe a protexer a saúde dos cidadáns.
 
A web da Consellería de Sanidade recolle a listaxe dos territorios cuxa incidencia epidemiolóxica require desta obriga, podendo ser tanto países extranxeiros coma outras comunidades autónomas. Esta listaxe actualízase quincenalmente, segundo sexa a evolución epidemilóxica de cadanseu territorio.
 
Neste senso, na actualidade deberán comunicar os seus datos de contacto as persoas que visiten Galicia e procedan das seguinte comunidades e cidades autónomas de España: Aragón, Asturias, Baleares, Castela e León, Comunidade Valenciana, Melilla, Navarra, Cataluña e País Vasco.
 
Así mesmo, todas aquelas persoas que procedan de calquera dos países do continente africano; ou nos seguintes países e territorios de América: Anguila, Barbados, Bonaire,San Eustaquio e Saba, Dominica, Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Honduras, Illas Caimán, Estados Unidos, Nicaragua, O Salvador, Paraguai, Venezuela, Haití, Trindade e Tobago e Xamaica.
 
As persoas que estivesen nos seguintes países e territorios de Asia: India, Irán, Iraq, Líbano, Maldivas, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Singapur, Iemen e Xordania.
 
E aquelas que procedan de todos os países europeos con excepción de: Albania, Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Bosnia-Hercegovina, Cidade do Vaticano, Finlandia, Italia, Malta, Moldavia, Macedonia do Norte, Romanía e  Suecia.
 
Finalmente, tamén deberan facilitar os seus datos persoais, os viaxeiros que procedan dos territorios de Oceanía: Illas Marianas do Norte
 
Dúas modalidades para facilitar a información de contacto
Para proporcionar esta información, poderase cubrir o formulario que está dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. A todos os viaxeiros  faciltaráselles un contacto por se tivesen algún tipo de sintomatoloxía, ben a través do seu médico de cabeceira se son residentes con tarxeta sanitaria en Galicia, ou a través do número de teléfono anteriormente citado para aqueles que non dispoñan dela.
 
Tamén se lles proporcionará información e recomendacións sanitarias e poderán adoptarse as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se consideren necesarias.
 
Cómpre destacar que a atención que se considere necesaria polos profesionais do Servizo Galego de Saúde, non terán custo para as persoas que a precisen, incluíndo a realización de probas diagnósticas ou, no seu caso, dos tratamentos indicados.
 
Os establecementos de aloxamento turísticos estarán obrigados a informar desta medida aos seus clientes; así como os responsables de axencias de viaxe, operadores turísticos, compañías de transporte aéreo ou marítimo e outros axentes similares ao inicio do proceso de venda dos billetes. Así mesmo deberán facelo ás empresas, que despracen aos seus traballadores por motivos laborais.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde