A CONSELLERÍA DE SANIDADE E O CONSELLO GALEGO DE COLEXIOS MÉDICOS COLABORARÁN PARA INVESTIGAR UNHA SUPOSTA PLATAFORMA DE MÉDICOS NEGACIONISTAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
21 12 2021
 

O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores, reuníronse hoxe pola mañá, de xeito telemático, con Isidro Lago, presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, para abordar xuntos a situación das informacións xurdidas sobre unha suposta plataforma de médicos negacionistas.

Ao respecto, a Consellería de Sanidade e o Consello Galego de Colexios Médicos, acordaron traballar xuntos na mesma dirección á hora de investigar estas actuacións, para esclarecer se médicos da sanidade pública colaboran con esta plataforma. Ademais, o departamento sanitario galego está a traballar para recabar datos co obxecto de averiguar quen promove esta plataforma.  De feito, desde a Consellería de Sanidade xa se están a facer indagacións sobre a procedencia de diferentes cartas enviadas a médicos galegos.

Remarcar, así mesmo, que a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde asinou, no día de onte, un escrito cos sindicatos da Mesa Sectorial de Sanidade, no que manifestan o seu rexeite a calquera tipo de afirmación negacionista.

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde