OS HOSPITAIS GALEGOS PRECISAN AUMENTAR AS SÚAS RESERVAS DE SANGUE DO GRUPO CERO POSITIVO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
29 12 2021
 

​A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), anima a todos os galegos e galegas a doar sangue nestas datas festivas, sobre todo ás persoas do grupo cero positivo,  para poder abastecer de compoñentes sanguíneos ás institucións sanitarias galegas.

En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En ocasións pode diminuír o número de doazóns, como nestas festas do Nadal, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que necesitan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía para alcanzar entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue.
 
Doar é moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas.
 
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días  máis de 40 concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
 
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
 
  
DATA
CONCELLOS
Mércores 29
de decembro
Cabanas, Coristanco, Juan Flórez (A Coruña), Praza Roxa (Santiago), Cabo de Cruz (Boiro), Boimorto,
Sarria, Allariz, Cuntis, Baiona, O Calvario (Vigo)
Xoves 30
de decembro
Narón, Cee, Monelos (A Coruña), Melide, Milladoiro (Ames), Vilalba, O Barco de Valdeorras,
A Estrada, As neves, As Travesas (Vigo)
Venres 31
de decembro
Narón, Praza Conchiñas (A Coruña), Cantón-Obelisco (A Coruña), Área Central Fontiñas (Santiago), Milladoiro (Ames), Ronda das Fontiñas (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense), Ferrería (Pontevedra), García Barbón (Vigo), Cabral (Vigo)
 
   
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

 

 
CENTRO
HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
Luns a xoves das 8.00 ás 22.00 horas
Venres 31 de decembro das 8.00 ás 20.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA
Luns a xoves das 8.00 ás 22.00 horas
Venres 31 de decembro das 8.00 ás 20.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
Luns das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres 31 de decembro das 8.00 ás 20.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO
Luns das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres 31 de decembro das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE
Luns das 15:00 ás 22:00 horas
Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
Venres 31 de decembro das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Luns de 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas
Venres 31 de decembro das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO
Luns a xoves das 8.00 ás 22.00 horas
Venres 31 de decembro das 8.00 ás 20.00 horas
 
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.  

  

ADOS Lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono arriba citado.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss