O 26% DAS PERSOAS INGRESADAS POR COVID NOS HOSPITAIS DO SERGAS PRESENTAN INFECCIÓN COMPATIBLE COA VARIANTE ÓMICRON
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 01 2022

 

O Servizo Galego de Saúde continúa a monitorizar os casos positivos que ingresan nos hospitais da rede sanitaria pública galega, detectando que o 26,08% das persoas ingresadas presentan infeccións compatibles coa variante Ómicron.
 
Analizando os datos segundo a área de hospitalización, esta porcentaxe acada o 28,63% no que atinxe ás unidades de hospitalización do Servizo Galego de Saúde, e descende até o 11’36% no caso das persoas que se atopan ingresadas nas Unidades de coidados intensivos.
 
Sanidade continúa a analizar as infeccións de cada un dos ingresos que se producen nos hospitais galegos para determinar a variante do virus Sars-Cov-2 a que pertencen, co obxecto de poder avaliar e facer un seguimento específico á evolución de cadansúa cepa.
 
Neste senso, o Servizo Galego de Saúde realízalle unha proba diagnóstica específica a todos os pacientes positivos que ingresan nos centros hospitalarios, co ánimo de poder avaliar a carga da variante ómicron durante a súa hospitalización.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss