SANIDADE LEMBRA A POSIBILIDADE DE VACINARSE FRONTE Á GRIPE ATA O 15 DE XANEIRO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 01 2022

 
Sanidade lembra que a campaña de vacinación estará operativa ata o 15 de xaneiro e que se dirixe a toda poboación. O obxectivo xeral  céntrase en diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas desta infección, minimizando o efecto na saúde mediante a súa prevención.

Segundo os últimos datos, rexistráronse 787.600 vacinas. No grupo dos maiores de 65 anos contabilizáronse 507.184. No de 65 a 69 anos, 99.481; no de 60 a 64, 65.296; no de 15 a 59, 189.624 e no de menos de 15 anos, 25.496.

Por áreas sanitarias, a da Coruña encabeza a lista, con 168.661; seguida de Vigo, con 135.763; e Santiago, con 131.572. A continuación sitúase Lugo, con 106.800; Ourense, con 105.286; Pontevedra, con 77.449; e Ferrol, con 59.197.

 
Con todo, os datos amosan un descenso no caso das embarazadas, onde polo de agora se rexistraron 5.645 doses, fronte ás 7.792 de finais de 2020. Por outra banda, no que se refire á vacinación dos profesionais sanitarios, contabilízanse 29.484. Unhas cifras que se achegan ás dos anos precedentes. E é que ao final da campaña do 2020 rexistráronse 31.053 vacinas en relación aos profesionais do eido sanitario.

Sanidade lembra que as persoas que así o desexen poderán solicitar a súa vacina fronte á gripe ata mediados de xaneiro.

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss