A XUNTA CINGUIRÁ A LIMITACIÓN HORARIA DE REUNIÓNS DE NON CONVIVENTES AOS XOVES, VENRES E SÁBADOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
12 01 2022
 

A Xunta de Galicia cinguirá a limitación horaria de reunións de non conviventes entre as 3,00 horas e as 6,00 h., en espazos públicos e privados, aos xoves, venres e sábados, logo da reunión do subcomité clínico celebrada no día de hoxe. Así mesmo, o subcomité acorda prolongar o resto de medidas polo menos dúas semanas máis, ata dar por rematada a sexta vaga que está a provocar unha explosión de casos en toda España.

No que respecta ao proceso de vacinación, o subcomité amosouse preocupado pola incertidume acerca de reducir de 6 a 3 meses o período de tempo que debe pasar dende a administración da segunda dose para poder administrar a de reforzo.

Por outra banda, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade comunicou ao subcomité que procederá a elaborar un protocolo para a festividade do Entroido, unhas datas nas que adoitan producirse aglomeracións.
 
 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss