A XUNTA FINALIZA A REFORMA INTEGRAL DO CENTRO DE SAÚDE DE PONTECESURES CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 30.000€
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
27 01 2022

Pontecesures, 27 de xaneiro de 2022.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, vén de finalizar as obras de modernización e reforma do centro de saúde de Pontecesures, orientadas ao incremento da súa confortabilidade e da eficiencia enerxética e que tiveron un investimento de 32.323 euros.

Por este motivo, a xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, xunto a membros do equipo directivo da área, supervisaron esta mañá a actuación nunha visita realizada xunto ao alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, e outros representantes municipais.
A remodelación do centro de saúde incluíu cinco actuacións consistentes na renovación das luminarias, o pintado interior do inmoble, a limpeza e reparación das cubertas, a mellora da área de administración e o acondicionamento da zona de acceso.
Así, substituíronse as antigas luminarias por outras de tecnoloxía Led coas que se acadarán os valores de luminosidade acordes á normativa e reducir o consumo de enerxía nun 50% e procedeuse ao pintado do interior do inmoble.
Tamén se procedeu á reparación, sellado e limpeza do tellado e dos canalóns de auga, mellorouse a funcionalidade e servizos da zona de administración con novos sistemas eléctricos, pintado e instalación de mesados e renováronse os falsos teitos da entrada principal e dos corredores co obxectivo de gañar en confortabilidade e eficiencia.
 
 

Saúdos.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss