O SERGAS PUBLICA AS PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS DE ACTUALIZACIÓN DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 03 2022
 

​O Diario Oficial de Galicia (DOG)​ publica, na súa edición de hoxe, a relación provisional coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Concretamente das categorías de cociñeiro, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e pinche.

En total xeráronse 20.944 inscricións e só resultaron excluídas do proceso o 1,64% das solicitudes de participación. A categoría con maior número de solicitudes é a de grupo auxiliar da función administrativa, con 10.353 inscricións. O 19,82% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. 

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas provisionais das seguintes categorías: celador, celador quenda discapacidade intelectual, técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en dietética, técnico superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico superior en radioterapia.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss