O 061 DE GALICIA ASISTIU 54 PERSOAS POR 46 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
28 03 2022

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 54 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 25 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 27 de marzo. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 20 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 58 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 46 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 54 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 57% e do 43% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 34% dos atendidos tiña entre 15 e 29 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 18 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 

Provincia
Accidentes
A Coruña
18
Lugo
6
Ourense
5
Pontevedra
17
Galicia
46

 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 56. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 45 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes.
 
En 41 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 13 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.
 
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss