A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) , chama ás galegas e galegos á participar na doazón de sangue, en especial aos doantes A Positivo, 0 Positivo e 0 negativo. As reservas destes tres grupos sanguíneos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS.
As xornadas festivas de Semana Santa afectaron aos niveis de reserva dos diferentes grupos sanguíneos, sendo preciso relanzar a constante solicitude á doazón de sangue. Polo que cómpre lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias.
En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En períodos vacacionais pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.
Campaña universitaria
Nestes momentos, estase a desenvolver a segunda fase da campaña de doazón de sangue #reto 5000 nas tres universidades galegas, onde as unidades móbiles de ADOS percorren os campus das sete cidades, e na que a comunidade universitaria pode amosar a súa solidariedade e altruísmo neste intre.
Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
DATA |
CONCELLOS |
Xoves 21 de abril |
E.U Enfermería e Podoloxía (ferrol, Edi. Administrativo Xunta e Matogrande (A Coruña), Muxía, Megreira, F. Química (Santiago), F. Fisioterapia e Enx. Forestal (Pontevedra), Salvaterra do Miño, Torrecedeira (Vigo), Valadouro, Antas de Ulla, Viana do Bolo |
Venres 22 de abril |
O Vicedo, Monte Alto e Cantón-Obelisco (A Coruña), Boiro,Lestedo, Vilagarcía, Nigrán, Navia (Vigo), Monforte, Allariz |
Sábado 23 de abril |
Cantón-Obelisco (A Coruña), Boiro, Vilagarcía, Nigrán, Palas de Rei |
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO |
HORARIO |
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL |
Luns das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 8.00 ás 22.00 horas |
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO |
Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE |
Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas
Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas |
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA |
Luns e venres de 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas |
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO |
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás15.00 horas |
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.