A PORCENTAXE DE PARTICIPACIÓN NAS PROBAS DA OPE DO SERGAS QUE SE CELEBRAN HOXE SITÚASE NO 64%
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
24 04 2022

O Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra), acolleu hoxe o segundo día das probas selectivas da oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde, para cubrir un total de 680 prazas correspondentes a 24 categorías de persoal estatutario. Esta fin de semana realizáronse os exames para cubrir 109 prazas.

Na xornada de hoxe domingo estaban convocados 175 opositores e presentáronse 112 (64%) das categorías de pinche (168) e técnico en farmacia (7), para cubrir 49 prazas reservadas a persoas que acrediten unha discapacidade intelectual. Na categoría de pinche presentáronse 107 opositores (63,6%) e na de técnico en farmacia 5 dos 7 (71,4%).

Coa realización destes exercicios iniciáronse as probas selectivas para cubrir 680 prazas de 24 categorías/especialidades de persoal estatutario, que se desenvolverán ao longo de seis xornadas de exame e que continuarán durante as fins de semana do 7, 8, 14 e 15 de maio próximos. Para esta OPE están inscritos preto de 13.000 aspirantes.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde