O 061 DE GALICIA ASISTIU 49 PERSOAS POR 41 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
02 05 2022
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 49 persoas debido a 41 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 29 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 1 de maio. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 20 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 49 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 41 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 49 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 54% e do 46% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 18 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 

Provinciarovincia
Accidentes
A Coruña
15
Lugo
4
Ourense
4
Pontevedra
18
Galicia
41

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 49. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en dous accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 45 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes.

En 37 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde