GALICIA SITÚASE COMO A TERCEIRA COMUNIDADE AUTÓNOMA CON MELLORES DATOS DE LISTAS DE AGARDA EN PROCESOS CIRÚRXICOS SELECCIONADOS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
03 05 2022
 

O Servizo Galego de Saúde vén de situar á comunidade galega como o terceiro territorio con mellores datos no referido ás listas de agarda para acceder a algún dos 15 procedementos cirúrxicos seleccionados como máis frecuentes polo Ministerio de Sanidade.

Segundo o último informe emitido polo Sistema de Información sobre Listas de Espera do Sistema Nacional de Saúde, con datos actualizados ao 31 de decembro de 2021, a comunidade galega contou cunha media de 70 días de agarda para operarse dalgunha das patoloxías establecidas como máis habituais.

Ao peche do ano 2021, o número de días para acceder a unha destas intervencións en Galicia situouse  26 días por debaixo da media nacional, cuxo prazo medio quedou fixado en 96 días.

No conxunto do sistema sanitario español, as cifras da sanidade pública galega só se vén melloradas polo País Vasco, que rexistrou 62 xornadas de espera media, e a Comunidade Valenciana (69 días).

A Consellería de Sanidade agradece o traballo realizado polos profesionais do Servizo Galego de Saúde pois, estes datos, son reflexo do esforzo realizado durante todo o ano, polos equipos de profesionais de quirófano, cirurxiáns, persoal de enfermaría e celadores, entre outros.

15 procesos cirúrxicos máis frecuentes

 
O Ministerio de Sanidade ten definidos como máis frecuentes un total de 15 procesos cirúrxicos. Así, as estatísticas establecen como cirurxías máis habituais as intervencións de cataratas, hernia inguinal/crural, prótese de cadeira, artroscopia, varices membros inferiores, colecistectomía, hallux valgus, adeno-amigdelectomía, hipertrofia benigna de próstata, quiste pilonidal, síndrome do túnel carpiano, cirurxía cardiaca valvular, by-pass aortocoronario e histerectomía.
 

 

 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss