OS SERVIZOS DE CIRURXÍA OTORRINOLARINGOLOXÍCA, ANXIOLOXÍA E CIRURXÍA VASCULAR DO SERGAS REXISTRAN OS MELLORES TEMPOS DE ESPERA DO SISTEMA NACIONAL DE SAÚDE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
04 05 2022

 

 

 

O Servizo Galego de Saúde destácase como un dos mellores sistemas sanitarios de España no que atinxe ás listas de espera nas especialidades cirúrxicas de Otorrinolaringoloxía, e Anxioloxía e Cirurxía vascular.
 
Nomeadamente, segundo os datos publicados no derradeiro informe do Ministerio de Sanidade, a especialidade cirúrxica de Otorrinolaringoloxía no Sergas rexistra unha espera media de 68 días e, no caso dos servizos cirúrxicos de Anxioloxía e Cirurxía vascular, o tempo de espera medio para acceder a unha intervención descende até os 52 días. En ambos casos, o Servizo Galego de Saúde, rexistran os mellores datos do conxunto do territorio nacional.
 
De acordo coa información do Sistema Nacional de Saúde, os servizos galegos de Cirurxía xeral e Dixestivo e de Cirurxía plástica posúen os segundos mellores tempos de espera de toda España con 73 e 72 días, respectivamente.
 
Así mesmo, na especialidade de cirurxía Xinecoloxíca, o Sergas rexistra o terceiro mellor dato no que atinxe ás listas de espera dos restantes servizos do SNS.
 
Respecto das intervencións cirúrxicas dos servizos de Oftalmoloxía, Traumatoloxía, Cirurxía maxilofacial, Dermatoloxía, Uroloxía, Galicia sitúase en cuarta posición a nivel nacional e, no caso da Neurocirurxía, o Servizo Galego de Saúde rexistra o quinto prazo de agarda máis curto de España.
 
A Consellería de Sanidade agradece o traballo realizado polos profesionais do Servizo Galego de Saúde pois, estes datos, son reflexo do esforzo realizado durante todo o ano, polos equipos de profesionais de quirófano, cirurxiáns, persoal de enfermaría e celadores, entre outros.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss