O SERGAS PUBLICA AS PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS DO PROCESO DE ACTUALIZACIÓN DE LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS ESTATUTARIAS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
05 05 2022

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de cociñeiro, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e pinche.

Resultaron admitidos 20.707 aspirantes. A categoría con maior número de admitidos é a de grupo auxiliar da función administrativa, con 10.276. O 19,75% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Só resultan excluídas o 1,41% das solicitudes de participación.
 
As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 
 
Entrarán en vigor, a efectos de chamamentos, o día 6 de maio.
 
Próximas publicacións
Está previsto que o próximo martes, 10 de maio, se publiquen as listas definitivas do proceso de actualización de listas de selección temporal das categorías de celador, celador quenda discapacidade intelectual, técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en dietética, técnico  superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico superior en radioterapia.
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss