SANIDADE INFORMA AO MINISTERIO DE SANIDADE DE DOUS NOVOS CASOS DE HEPATITE AGUDA INFANTIL DE ORIXE DESCOÑECIDA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
06 05 2022

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de informar ao Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade da detección en Galicia de dous novos casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida.

Estes dous novos casos pertencen á área sanitaria de Vigo. Un deles, tivo a enfermidade no mes de marzo, e outro permanece ingresado e evoluciona favorablemente.

Ata a actualidade, detectáronse en Galicia cinco casos, dos que dous permanecen coa enfermidade activa.

A Consellería de Sanidade sinala que o sistema sanitario galego permanece alerta na detección de casos.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss