A PORCENTAXE DE PARTICIPACIÓN NAS PROBAS DA OPE DO SERGAS QUE SE CELEBRAN HOXE SITÚASE NO 77,6%
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
08 05 2022

O Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra), acolleu hoxe o cuarto día das probas selectivas da oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde, para cubrir un total de 680 prazas correspondentes a 24 categorías de persoal estatutario.
 
No conxunto da xornada de hoxe domingo, estaban convocadas 2.530 persoas, das que se presentaron ás probas 1.964, o que representa un 77,6% de participación.
 
En concreto, na quenda de mañá, estaban convocados 1.602 aspirantes para cubrir 91 prazas, nas categorías de calefactor (37), logopeda (4), técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información (4) e traballador social (46). Así, das 162 persoas admitidas na categoría de logopeda presentáronse 120; dos 83 aspirantes para a categoría de técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información 69; das 1.021 admitidas para  traballador social acudiron ao exame 842 e, no caso das 336 admitidas para as probas na categoría de calefactor, participaron 274.
 
Pola súa banda, na quenda de tarde estaban convocadas 928 persoas para a cobertura de 8 prazas na categorías de técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, e outras 39 prazas, na categoría de lavandeiro. Nestes casos, participaron nas probas  95 das 125 persoas admitidas na categoría de técnico de xestión de sistema de tecnoloxías da información, e 564 das 803 convocadas para a categoría de lavandeiro.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss