A XUNTA MANTÉN A SÚA APOSTA POLA INVESTIGACIÓN E A INNOVACIÓN SANITARIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
06 06 2022

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asistiu esta tarde á entrega do II Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía, que nesta edición recaeu no proxecto “Mellora continua da calidade na xestión integral do proceso de estenose aórtica sintomática”. O equipo que desenvolve este proxecto, está liderado polo cardiólogo do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, o doutor Carlos Peña Gil.
 
Durante a súa intervención, o titular da carteira sanitaria da Xunta gabou o labor do equipo de profesionais que participan no proxecto, poñendo en valor a traxectoria do doutor Peña Gil no eido da investigación “é un exemplo da aplicación da investigación e a innovación na praxe diaria”, afirmou García Comesaña. Neste senso, agradeceu o traballo de todo o seu equipo, ao contribuír a situar á sanidade galega no mapa das boas prácticas sanitarias.
 
O proxecto galardoado ten como obxectivo detectar novos marcadores de risco de progresión da estenose aórtica dexenerativa, co ánimo de asegurar que as decisións adoptadas para cada caso son as máis axeitadas, conforme á evidencia científica existente.
 
“O uso da innovación ten unha repercusión directa na calidade asistencial e na experiencia dos pacientes”, apuntou o conselleiro de Sanidade, ao tempo que salientou que a Xunta seguirá a impulsar e a apoiar aqueles proxectos que incidan neste ámbito.
 
Entre outros, lembrou que o departamento que dirixe xa está a traballar na posta en marcha dunha nova versión do sistema de historia clínica dixital, e que tamén avanza na creación da oitava área sanitaria, cuxo compoñente dixital e o emprego da intelixencia artificial, permitirá que os profesionais Servizo Galego de Saúde poidan avanzar no ámbito da prevención de doenzas, ademais de acadar uns diagnósticos más precoces e precisos.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde