Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana
82
persoas debido a 57
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 10
de xuño, ata as 23,59 horas do domingo, 12
de xuño. O sábado
foi o día que rexistrou máis sinistros, con 26 accidentes de
tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 71
chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas
xeraron 57
asistencias sanitarias por parte do persoal do 061
que
atendeu un total de 82
persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59%
e do 41%
respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 27%
dos atendidos tiña entre 30
e 49
anos.
Por
provincias, Pontevedra foi
a
que máis sinistros rexistrou con 25
accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
17
|
Lugo
|
7
|
Ourense
|
8
|
Pontevedra
|
25
|
Galicia
|
57 |
Os recursos
sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na
Central de Coordinación do 061 foron 76. Así, as ambulancias
asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en sete
accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en
dúas ocasións,
as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse
en 62
sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan
a dotación das ambulancias
asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo,
prestaron asistencia sanitaria en cinco
accidentes.
En
50
casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes, en 31
ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e
unha persoa faleceu no punto.