FOROVAX 2022 CONVERTE A GALICIA NO CENTRO DE DEBATE E ANÁLISE SOBRE VACINAS E SAÚDE PÚBLICA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
15 06 2022
 
O secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, inaugurou esta tarde na Cidade da Cultura, o V Foro de Saúde Pública e Vacinas ‘Forovax Galicia 2022’. Neste senso, durante as xornadas de hoxe e mañá, o Edificio Cinc do Gaias acollerá diversos foros e relatorios no que se abordará dun xeito multidisciplinar os últimos avances e achegas científicas xurdidas ao redor das vacinas.
 
O evento, reúne na capital galega a expertos nacionais co obxecto de revisar os últimos avances e coñecementos acadados no eido da inmunoloxía, por medio da investigación e a evidencia científica. Así, entre os temas que se analizarán destacan a incorporación de novas vacinas ao calendario vacinal, ou a definición de estratexias e retos futuros para o ámbito da Saúde Pública.
 
Durante a súa intervención, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade destacou a importancia dos foros e debates científicos artellados ao redor da sanidade, poñendo especial énfase na rápida consecución de obxectivos que deriva da transferencia do coñecemento e o traballo colaborativo.
 
Nesta liña, a directora xeral de Saúde Pública remarcou que “este tipo de encontros e debates contribúen a que ás autoridades sanitarias tomen as decisións máis axeitadas en cada momento”, podendo avanzar cara o obxectivo común de “mellorar saúde pública”.
 
Pola súa banda, o presidente da Asociación Española de Vacinoloxía, Amós García Rojas, puxo en valor ás vacinas como “ferramenta de prevención das enfermidades transmisibles”.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss