Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana
27
persoas debido a 25
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 17
de xuño, ata as 23,59 horas do domingo, 19 de xuño. O domingo foi o
día que rexistrou máis sinistros, con 12 accidentes de tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 33 chamadas en relación cos accidentes de
tráfico. Estas alertas xeraron 25 asistencias sanitarias por parte
do persoal do 061
que
atendeu un total de 27 persoas. A proporción de homes e mulleres
atendidos foi do 52% e do 48% respectivamente. Nas idades dos
feridos, obsérvase que o 37% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.
Por
provincias, Pontevedra foi
a
que máis sinistros rexistrou con 10 accidentes de tráfico durante
os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
5
|
Lugo
|
4
|
Ourense
|
6
|
Pontevedra
|
10
|
Galicia
|
25
|
Os recursos
sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na
Central de Coordinación do 061 foron 31. Así, as ambulancias
asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en dous accidentes,
o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias
asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 27 sinistros
e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a
dotación das ambulancias
asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo,
prestaron asistencia sanitaria nun accidente.
En
24 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes e en tres ocasións atendeuse no propio lugar do
incidente.