A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu na
Noite de San Xoán 69 intoxicacións etílicas ou por drogas, cinco
accidentes de tráfico con cinco persoas implicadas e catro
queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado é
desde as 21 horas do xoves 23 de xuño ata as 9 horas do venres 24 de
xuño.
|
Accidentes
de
Tráfico
|
Intoxicacións
|
Queimaduras
|
A
Coruña
|
3
|
39
|
3
|
Pontevedra
|
2
|
21
|
1
|
Lugo
|
0
|
4
|
0
|
Ourense
|
0
|
5
|
0
|
Total
|
5
|
69
|
4
|
A
Coruña con 39 intoxicacións
etílicas ou por drogas foi
a provincia que rexistrou o maior número de atencións, seguida de
Pontevedra con 21, Ourense con cinco e Lugo con catro. Para asistir
ás 69 intoxicacións, o 061 de Galicia desprazou dúas ambulancias
asistenciais de SVA e mobilizou en 43 ocasións as ambulancias
asistenciais de SVB. Das 69 persoas atendidas, 36 non requiriron
traslado, 10 foron trasladadas ao centro de saúde e 23 ao hospital.
As
queimaduras
atendidas polo 061
en
toda
a Comunidade galega foron catro. Urxencias Sanitarias de Galicia-061
asistiu na Coruña tres casos e un en Pontevedra. Do total dos
pacientes, un foi atendido polos sanitarios da Central de
Coordinación sen necesitar traslado, outro paciente foi atendido no
punto e trasladado a atención primaria e dous foron trasladadas a un
centro hospitalario.
No
caso dos accidentes
de tráfico,
asistíronse
cinco persoas en cinco accidentes de tráfico. A Coruña rexistrou
tres accidentes e Pontevedra dous. Do total de persoas atendidas,
tres foron trasladas a un hospital e dúas asistíronse no punto sen
requirir traslado a un centro sanitario.