GARCÍA COMESAÑA PON EN VALOR A HISTORIA DO HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON MOTIVO DO SEU 125 ANIVERSARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
28 06 2022

 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou hoxe a exposición fotográfica que celebra os 125 anos de historia do Hospital Provincial de Pontevedra. O conselleiro destacou a importancia que tivo este centro, que pasou sucesivamente das mans do Concello ás de a Deputación para recalar en propiedade do Sergas. Así, agradeceu o labor do conxunto de profesionais que traballan e traballaron neste centro sanitario ao longo da súa historia.
 
Acompañado polo xerente do Sergas, José Flores Arias; e o xerente da Área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez Fernández, García Comesaña lembrou o papel do Hospital Provincial como centro de referencia dos pacientes da provincia durante décadas e destacou a importancia do Provincial como complemento á estrutura sanitaria da cidade de Pontevedra, "destacando o pasado para dar valor ao futuro" aludindo ao Gran Montecelo. Por citar unha anécdota da traxectoria do Hospital Provincial, lembrou que foi o lugar onde se fixo unha das primeiras radiografías de Galicia, dous anos despois do descubrimento dos raios X, en 1895.
 
O conselleiro de Sanidade, que onte mesmo visitou as obras do Gran Montecelo acompañando ao Presidente da Xunta, quixo agradecer a colaboración do Concello pontevedrés para a construción do novo centro hospitalario, ao que se referiu como exemplo da colaboración entre institucións, que contribuirá a que a cidade de Pontevedra teña unha instalación sanitaria á altura do que merece.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde