A DIRECTORA XERAL DE PLANIFICACIÓN E REFORMA SANITARIA RECIBE O XVII PREMIO Á ADMINISTRACIÓN SANITARIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
01 07 2022

​ 

A directora Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Estrella López-Pardo, foi galardoada co Premios á Administración Sanitaria na XIX Gala de Verán da Sanidade Española, organizado o xoves 30 de xuño por Redacción Médica, coa colaboración de Abbott, Carburos Médica e Organon.
 
O xurado valorou o seu “compromiso coa escoita”, así como a súa “aposta decidida pola dixitalización que impregna a todos os niveles asistenciais e que incluso chega ao fogar do paciente”.
 
No seu discurso, Estrella López-Pardo agradeceu o galardón á Redacción Médica e aos seus colaboradores; así como a confianza depositada na súa persoa polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. A directora fixo partícipe deste premio nacional a todo o seu equipo, agradecendo a súa profesionalidade e compromiso no deseño “dos numerosos proxectos estratéxicos, que son a base do cambio”.
 
Entre estas iniciativas, destacou os Plans Locais de saúde, uns instrumentos que achegan á xestión ás necesidades da sociedade, facilitan a autoxestión, melloran a organización, e favorecen a transformación dixital. Tamén salientou o sistema XIDE, que xunto ca ferramenta CRM100, facilita o acceso personalizado aos centros de saúde, pon orde na demanda imprevista e permite que os profesionais de todas as categorías desenvolvan ao máximo as súas competencias.
 
Por último, aproveitou  para agradecer o apoio da súa familia, en especial as súas fillas, presentes no evento, e facer unha defensa dun “liderado de servizo, escoitar e conectar cos profesionais, esforzándonos por compartir valores”.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde