A XUNTA TERÁ DISPOÑIBLE A PARTIR DO 14 DE XULLO A AUTOCITA DE VACINACIÓN DA COVID PARA PRIMEIRAS DOSES DE ADULTOS, NENOS E RECORDO DE 18 ANOS EN ADIANTE
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 07 2022
 
A Xunta de Galicia terá dispoñible, a partir do vindeiro 14 deste mes, a autocita para vacinación da covid das primeiras doses de adultos, así como das primeiras doses de nenos e nenas e recordo de 18 anos en adiante. A autocita poderá realizarse a través da web do Sergas (www.sergas.es), ou por medio da aplicación Sergas Mobil ou marcando o número de teléfono 881. 54 00 45.
 
No momento que unha persoa cumpla os criterios e entre en campaña, a Xunta enviaralle un SMS para indicarlle que xa pode pedir cita. Ademais, as sete áreas sanitarias do Sergas tamén as poderán citar activamente.
 
Xunto ao anteriormente sinalado, o Goberno galego lembra que segue a funcionar a entrada libre para vacinación da covid.
 
Os horarios dos puntos de vacinación poden ser consultados pola cidadanía no seguinte enderezo:
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde