O SERGAS PUBLICA A RELACIÓN PROVISONAL DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL EN DIVERSAS CATEGORÍAS ESTATUTARIAS E CLASES SANITARIAS DA ESCALA DE SAÚDE PUBLICA E ADMINISTRACIÓN SANITARIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
11 07 2022
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a relación provisional coa orde de prelación e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías: albanel, carpinteiro, enxeñeiro técnico, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, perruqueiro, técnico de grado medio en prevención de riscos laborais e técnico superior de prevención de riscos laborais.
 
Así mesmo, publícase a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, de 23 de outubro): clase de inspector médico, clase de inspector farmacéutico, clase de farmacéutico inspector de saúde pública, lista xeral de licenciado sanitario: licenciado en Medicina e Cirurxía, licenciado en Farmacia, licenciado en Ciencias Químicas, licenciado en Ciencias Biolóxicas, licenciado en Psicoloxía, clase de subinspector sanitario e clase de ATS/DUE. 
 
As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 
 
Próximas publicacións:
Mañá, martes 12 de xullo, publicaranse as lista definitivas de: facultativo de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico especialista en medicina do traballo, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador social.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde