O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PUBLICA A RELACIÓN DEFINITIVA DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSONAL ESTATUTARIO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
12 07 2022

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías: facultativo especialista de área de medicina do traballo, facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador social.

Resultaron admitidos 4.628 aspirantes. A categoría con maior número de admitidos é a de fisioterapeuta, con 1.543. O 10,62% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Só resultan excluídas o 0,86% das solicitudes de participación.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.  

Próximas publicacións

O próximo xoves, 14 de xullo, publicarase as listas provisionais de: calefactor, condutor, costureiro, electricista, fontaneiro, lavandeiro, mecánico, pasador de ferro, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información e telefonista.


EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde