A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE INVITA Á CIDADANÍA GALEGA A DOAR SANGUE NOS MESES DE VERÁN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
29 06 2022
 

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes A Positivo, A negativo e 0 Positivo. As reservas destes tres grupos sanguíneos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Polo que cómpre  lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias.

En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, como sucede durante a época estival, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue durante os meses de verán.
 
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
 
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
 

  

DATA
CONCELLOS
Mércores 29 de xuño
Polígono Piadela - GADISA (Betanzos), A Laracha, Juan Flórez (A Coruña), Melide, Palmeira (Ribeira), AGASP (A Estrada), Tenorio (Cerdedo-Cotobade), A Cañiza, Gondomar, Antas de Ulla, Rábade, Lobeira, Bande, Barrocanes (Ourense).
Xoves 30 de xuño
Valdoviño, Monte Alto (A Coruña), Buño (Malpica), Padrón, Pobra do Caramiñal, A Estrada, Salvaterra do Miño, Tameiga (Mos), Sarria, Barco de Valdeorras.
Venres 1 de xullo
C.C. Odeón (Narón), Carballo, Cantón-Obelisco (A Coruña), Ribeira, Hospital do Barbanza (Ribeira), Marín, Baiona, Fornelos de Montes, Burela, Verín.
Sábado 2 de xullo
C.C. Odeón (Narón), Carballo, Ribeira, Marín, Baiona, O Cádavo (Baleira), Castroverde.

Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

 
CENTRO
HORARIO
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
Luns das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 8.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO
Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE
Luns e venres de 8:00 ás 15:00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Luns e venres de 08.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás15.00 horas
 
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
 
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde