O SERGAS PUBLICA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO SELECTIVO POR CONCURSO DE MÉRITOS PARA O INGRESO NA NOVA CATEGORÍA DE FACULTATIVO ESPECIALISTA DE ATENCIÓN PRIMARIA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
22 07 2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a resolución pola que se declara con carácter definitivo as persoas aspirantes admitidas e excluídas e se nomea o tribunal cualificador do proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal fixo da categoría de facultativo especialista de atención primaria.
 
Así, resultan admitidas con carácter definitivo un total de 353 persoas aspirantes, para cubrir un total de 106 prazas.
 
A convocatoria do proceso selectivo foi publicada o pasado 27 de abril, ofertándose un total de 106 prazas (quenda libre 73, promoción interna 27 e discapacidade xeral 6), utilizando como sistema de selección o concurso de méritos. Na quenda de promoción interna resultaron admitidos 13 aspirantes, polo que 14 prazas desta quenda pasarán a cubrirse pola quenda de acceso libre.
 
Na mesma resolución publicase o nomeamento do tribunal que realizará os seus traballo no período estival co obxecto de axilizar a resolución do proceso.
 
As listaxes atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde