GALICIA REXISTRA UN TOTAL DE 2.284 CASOS ACTIVOS POR CORONAVIRUS
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
12 08 2022

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.284, deles 539 son da área da Coruña, 299 da de Lugo, 382 da de Ourense, 235 da de Pontevedra, 285 da área de Vigo, 341 da de Santiago e 193 da de Ferrol.
 
Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 193 en unidades de hospitalización e 2.077 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 672.261 persoas curadas, rexistrándose 3.860 falecementos. 
 
O último falecemento rexistrado por coronavirus foi:
 
Día 9 de agosto:
Muller de 83 anos, na área sanitaria de Vigo.
 
A persoa falecida tiña patoloxías previas.
 
O número de PCR realizadas é de 3.965.585.
 
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.718.201.
 
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
 
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver  dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
 
Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras
As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, terán a súa disposición dúas modalidades para poder facelo dun xeito sinxelo. En primeiro lugar, a través da aplicación SergasMóbil, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.
 
Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.
 
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.
 
Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
 
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde