A
Xunta de Galicia vén de publicar as resolucións de adxudicación
dos distintos procesos de contratación cos que adquiriu un total de
5
novos equipos de tomografía axial computerizada (TAC) para o
Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
Estas
contratacións supuxeron un investimento de 3,2
millóns
de euros para os que a Xunta canalizou fondos Next Generation da
Unión Europea, achegando ademais fondos propios da administración
autonómica para poder adquirir equipos de gamas superiores aos
financiados polos fondos europeos. Isto,
permitiu, por exemplo, que se vaia incorporar ao
Álvaro
Cunqueiro un TAC de tecnoloxía espectral, que mellora
a capacidade diagnóstica e diminúe as doses de radiación.
Os
contratos incluíron tamén a adquisición dun TAC de planificación,
destinado ao servizos de radioterapia do Hospital Meixoeiro
Todos
estes equipos están destinados a renovar equipamento xa dispoñible
nos hospitais pero que xa contaba cunha antigüidade superior aos 10
anos.
Os
distintos contratos fixan un prazos de entre 5 e 12 meses para a
entrega deste equipamento, polo que a súa instalación efectuarase
ao longo deste ano e do vindeiro. En particular, un dos equipos será
instalados no ano 2022 mentres que outros 4
se
incorporarán ao longo do ano 2023.
Fondos
europeos para renovación de tecnoloxía sanitaria
Estes
investimentos entran dentro dos que está a tramitar a Xunta este
ano, por valor de máis de 60 millóns de euros destinados a
canalizar os fondos Next Generation da Unión Europea para a
renovación de equipamento sanitario.
Polo
momento, o Sergas xa adxudicou os contratos de catro aceleradores
lineais por 8,9 millóns de euros, de nove resonancias magnéticas
por 10,5 millóns de euros e de tres equipos PET-TC por 5,4 millóns.
Ademais
deles, o Consello da Xunta xa autorizou este ano outras licitacións
derivadas deste uso dos fondos Next Generation para a renovación e
ampliación do equipamento de alta tecnoloxía sanitaria aínda
pendentes de resolver, como a adquisición de sete equipos de
cardioloxía intervencionista por 5,9 millóns de euros e de catro
equipos de radioloxía vascular intervencionista e catro equipos de
neurovascular intervencionista por 8,4 millóns de euros.
Cómpre
remarcar que Galicia está a renovar o 100% dos equipos que teñen
unha antigüidade superior aos 12 anos e, no caso dos aceleradores
lineais e dos TAC, vaise facer aos 10 anos. Así mesmo, estase a
dotar ao Sergas de aparataxe adicional que permita elevar como mínimo
un 15% a taxa media de densidade de equipos de alta tecnoloxía por
100.000 habitantes, mellorando a equidade no acceso en todo o
territorio de Galicia, e achegando o servizo aos pacientes.
Estes
dous obxectivos, redundarán en aumentar as capacidades diagnósticas
dos centros do Sergas mediante a mellora das características
técnicas que presentan os novos equipos.