Xunta
vén de licitar un contrato para a subministración, instalación e
posta en marcha dun software de xestión de laboratorio (LIMS) para a
Dirección Xeral de Saúde Pública. O conselleiro de Sanidade xa
anunciara nunha visita ao Laboratorio, situado en Lugo, investimentos
para renovar e modernizar o equipamento deste centro. En palabras de
García Comesaña, “o maior investimento nun só exercicio dende a
posta en marcha do Laboratorio” co que se terían investido nel
“preto de 4 millóns de euros dende 2015”.
O
Laboratorio de Saúde Pública é a unidade provedora das
determinacións analíticas derivadas dos programas de vixilancia e
control oficial que realiza a Dirección Xeral de Saúde Pública da
Consellería de Sanidade no ámbito da protección da saúde, tanto
no caso da seguridade alimentaria como da sanidade ambiental.
Para
a contratación do software prevese un presuposto base de licitación
que supera os 400.000 euros. Financiado ao 100 % no marco do eixo
REACT-UE do programa operativo FEDER Galicia (2014-2020). Esta
contratación pon de manifesto a aposta da Xunta pola saúde pública.
En primeiro lugar, coa automatización dos procesos relacionados coa
vixilancia epidemiolóxica, os programas de cribado e a xestión das
vacinas. Así mesmo, tamén se promoven accións arredor da Escola
Galega de Saúde Pública, en prol da promoción da formación
interna e externa; e da investigación e innovación en saúde
pública.
Outra
das liñas, diríxese á dixitalización neste ámbito. Mostra diso é
o proxecto do Observatorio de Saúde Pública para Galicia, a
plataforma de contidos sobre hábitos de vida saudables, ou o
software de xestión de laboratorio (LIMS) para a Dirección Xeral de
Saúde Pública.
En
definitiva, con esta contratación incídese na axilización dos
procesos, facilitando a comunicación entre os distintos
departamentos e, polo tanto, a mellora da eficiencia en todo o
sistema.