A XUNTA ADQUIRE 2 NOVOS EQUIPOS DE RESONANCIA MAGNÉTICA PARA O CHUVI
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
22 08 2022

Trátase de equipos de ultima xeración e de altas prestacións. Contan cunha maior resolución anatómica, permitindo ver lesións de tamaño minúsculo. As súas características tecnolóxicas posibilitan obter imaxes de máis calidade en calquera órgano, nun tempo menor e coa máxima confianza diagnóstica, conseguindo así un diagnóstico aínda máis preciso e eficiente. Isto significa unha achega inestimable para a detección precoz de múltiples patoloxías, especialmente en pacientes oncolóxicos e neurolóxicos. Neste senso, cómpre salientar que un diagnóstico máis preciso posibilita un tratamento máis axeitado e individualizado, o que conleva maiores beneficios para o paciente.

A incorporación destas novas dotacións tecnolóxicas permitirá seguir implementando novas técnicas e procedementos diagnósticos para avanzar na mellora da calidade asistencial ofertada na área sanitaria de Vigo.


Maior axilidade e confort


Ademais, os novos equipos contan cun deseño que introduce melloras no confort dos usuarios, xa que o tubo é mais grande, polo que o paciente se sentirá máis cómodo e seguro.

Ademais, outra das características é a axilidade na realización da proba, xa que o tempo da mesma se reduce considerablemente, nalgúns casos ata nun 60%.


O Chuvi conta con 4 equipos de RM (3 en HAC e 1 en Meixoeiro). O pasado ano fixéronse 28.115 estudos de resonancia magnética.


Fondos europeos para renovación de tecnoloxía sanitaria


Este contrato entra dentro dos que está a tramitar a Xunta para canalizar os fondos Next Generation da Unión Europea para a renovación de equipamento sanitario por máis de 60 millóns de euros. Ademais das resonancias magnéticas, o Consello da Xunta xa autorizou este ano outras licitacións derivadas deste uso dos fondos Next Generation para a renovación e ampliación do equipamento de alta tecnoloxía sanitaria.


No caso do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, esta medida suporá, ademais das dúas resonancias magnéticas, a renovación de cinco TAC, tres gammacámaras, dúas salas de hemodinámica, un equipo de anxiografía vascular e un PET. Estas renovacións suporán un investimento total de máis de 13 millóns de euros.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde